Descubre millones de libros electrónicos, audiolibros y mucho más con una prueba gratuita

Solo $11.99/mes después de la prueba. Puedes cancelar en cualquier momento.

A morte ven en chancletas.: Problemas novos para Leopardo
A morte ven en chancletas.: Problemas novos para Leopardo
A morte ven en chancletas.: Problemas novos para Leopardo
Libro electrónico147 páginas1 hora

A morte ven en chancletas.: Problemas novos para Leopardo

Calificación: 0 de 5 estrellas

()

Leer la vista previa

Información de este libro electrónico

Leopoldo Pardo, alias Leopardo, antigo vixilante xurado de centro comercial e antigo presidiario, é levado pola súa esposa ao pazo de Ribada, a unha fermosa estancia de turismo rural como premio a ter recobrado a liberdade logo de ser declarado inocente.
Alí entrarán en contacto cun heteroxéneo grupo de persoas coas que vivirán a experiencia máis terrorífica e surrealista das súas vidas, alleos a que en calquera intre a morte pode chegar a eles vestida co primeiro que teña a man, digamos unhas chancletas.
Unha novela irónica, crítica e simbólica que quere homenaxear obras de Agatha Christie (Dez negriños) ou Edgar Allan Poe (Os crimes da rúe Morgue), baixo a peneira especial do autor; de fondo amor pola literatura e particular estilo.
IdiomaEspañol
Editorialenxebre books
Fecha de lanzamiento22 abr 2015
ISBN9788415782742
A morte ven en chancletas.: Problemas novos para Leopardo

Relacionado con A morte ven en chancletas.

Libros electrónicos relacionados

Misterio para usted

Ver más

Artículos relacionados

Comentarios para A morte ven en chancletas.

Calificación: 0 de 5 estrellas
0 calificaciones

0 clasificaciones0 comentarios

¿Qué te pareció?

Toca para calificar

Los comentarios deben tener al menos 10 palabras

    Vista previa del libro

    A morte ven en chancletas. - Jorge Emilio Bóveda

    A MORTE VÉN EN CHANCLETAS

    Novos problemas para Leopardo

    Jorge Emilio Bóveda

    Título: A morte vén en chancletas. Problemas novos para Leopardo

    Fotografías de cuberta e de interior: Juan Bautista Vila Oural.

    Deseño de capa: Vault.

    Primeira edición: Marzo, 2015

    © 2015, Jorge Emilio Bóveda

    Dereitos de edición en galego reservados para todo o mundo:

    © 2015, Enxebrebooks, S.L

    Campo do Forno, 7 – 15703, Santiago de Compostela, A Coruña

    www.descubrebooks.com

    ISBN: 978-84-15782-74-2

    Queda prohibida, salvo excepción prevista na lei, calquer forma de reproducción, distribución, comunicación pública e transformación desta obra sen contar coa autorización dos titulares da propiedade inte-lectual. Diríxase a Cedro se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com).

    Agradecementos especiais a David Cortizo Conde pola súa suxestión para o título da obra, a Ramón Nicolás e aos membros do grupo de autores de Contos estraños polas súas suxestións lingüísticas. Finalmente á editora Alicia Romero polos consellos literarios.

    ADVERTENCIA:

    Todos os personaxes e situacións aquí reflectidos son transunto explícito de personaxes e situacións do teu arredor, lector. Se identificas a algún deles ou elas como parte da túa vida, sorrí. Non é de ningún xeito pura coincidencia, senón o resultado dun proceso de observación completamente deliberado.

    O autor

    A Mar, a Sara e a Xurxo,

    que sempre veñen con pés nus.

    Os libros

    abren máis portas

    que as chaves.

    Paulo Coelho?

    Non. Un cerralleiro

    que montou o seu negocio

    ao carón dunha biblioteca

    e tivo que pechar por, segundo el,

    competencia desleal.

    Para citas acaidas

    escriba as palabras citas célebres

    en calquera buscador

    da Internet

    ÍNDICE

    GUÍA DO LECTOR

    EPISODIO PRIMEIRO

    EPISODIO SEGUNDO

    EPISODIO TERCEIRO

    EPISODIO CUARTO

    EPISODIO QUINTO

    EPISODIO SEXTO

    EPISODIO SÉTIMO

    EPISODIO OITAVO

    EPISODIO NOVENO

    EPISODIO DÉCIMO

    EPISODIO UNDÉCIMO

    EPISODIO DUODÉCIMO

    EPISODIO DÉCIMO TERCEIRO

    EPISODIO DÉCIMO CUARTO

    EPISODIO DÉCIMO QUINTO

    EPISODIO DÉCIMO SEXTO

    EPISODIO DÉCIMO SÉTIMO

    EPISODIO DÉCIMO OITAVO

    EPISODIO DÉCIMO NOVENO

    EPISODIO VIXÉSIMO

    EPISODIO FINAL

    FIN

    GUÍA DO LECTOR

    Relacionamos seguidamente os personaxes que interveñen, directa ou indirectamente, incluso de xeito tanxencial, nesta obra:

    Leopoldo Pardo, alias Leopardo: antigo vixilante xurado no Centro Comercial da Auria, que cumpriu dous anos de prisión por obstrución á xustiza debido ás súas ínfulas de investigador privado.

    Cándida: muller de Leopardo. Pragmática e paciente. Non leva a contraria ao seu home para que non sufra, pero é consciente de todo o que ocorre ao seu redor.

    HABITANTES DO PAZO DE RIBADA,

    TERRAS DE ÉLIDE. AURIA.

    Arcadio Umpiérrez: avogado en excedencia. É dono do pazo de Ribada.

    Nicanor: traballador de mantemento no pazo e encargado de recibir a cada un dos seus visitantes.

    Nita: cociñeira que vai todos os días facer o xantar para os hóspedes do pazo.

    Fuco: home solteiro e deportista obsesivo.

    Mero (Baldomero)-Roi: Parella de homes metrosexuais e amantes da natureza. Un deles está visiblemente sometido ao outro.

    Mina (Bixelmina)-Venancio: parella de xubilados de Pontevedra que, hospedados no pazo, tentan retomar o contacto co mundo rural.

    Modesto-Sonsoles: matrimonio de La Coru que procura arranxar súa relación deteriorada cunha estancia de turismo rural.

    HABITANTES DO CÁRCERE

    Belisario: compañeiro de cela de Leopardo durante dous anos de cativerio. Lector empedernido e propenso a dar discursos.

    Dimitri: líder do grupo de albaneses kosovares que simpatizaran con Leopardo na súa estadía entre reixas.

    O colombiano: narco que fora amigo do compañeiro de cela de Leopardo

    Outros compañeiros de presidio cos que Leopardo cruzara algunha verba, principalmente para desafogar da soidade e para semellar ser a persoa que realmente non era.

    OUTROS PERSONAXES

    Buxán: cacique da Auria, a provincia á que pertence Arcadia, que é onde está o pazo de Ribada.

    Kovac (señor): xefe do Comercio Central, onde traballou Leopardo como vixilante de seguridade.

    EPISODIO PRIMEIRO

    O VEHÍCULO fluía ao longo dunha estrada chea de curvas e flanqueada de árbores. No seu interior ían dúas persoas: parella, matrimonio, consortes. Ela, de nome Cándida, movía volante e panca en completo silencio, coma gozando do son ledo do motor, sen deixar de pensar en que aquel paraxe de natureza plena era perfecto para escoitar a mensaxe da vida e traer ao mundo un fillo. Xa que, debido a ter corenta e tantos anos, o alcance dos tempos ditaban que era intre da descendencia; de facer camiñar un paso a herdanza xenética.

    Só tería que agardar o momento para comunicarlle a súa intención a el: Leopoldo Pardo, alias Leopardo, seu home, quen viaxaba engruñado deixándose apertar polo silencio e obedecendo o vaivén do habitáculo do coche. Non era quen de tirar da cabeza o trauma dos dous últimos anos, cando o xuíz decidira o seu ingreso en prisión provisional, logo de pasar as peores setenta e dúas horas da súa vida nun calabozo, foco das malas miradas dos policías, cando as súas intencións foran exclusivamente de axuda no esclarecemento dun crime sobre unha rapaza do centro comercial da Auria, meténdose onde non o chamaran só por axudar aos corpos e forzas de seguridade. Tocando as probas, portando o teléfono móbil da vítima e obstruíndo a xustiza. Por axudar. Ben, por axudar, e por axudarse a si mesmo demostrándolle ao cacique Buxán que el merecía ser enchufado noutro posto de maior transcendencia e soldo, xa que a seguridade do Comercio Central xa se lle fixera algo pequena e era mester prosperar, ou ser prosperado.

    O utilitario avanzaba deixando cara as beiras fragas mestas e cara a fronte unha paisaxe de varios tons de verde con lombas e outeiros, e algún pequeno núcleo de casas. Un sitio de maxia para cumprir as secretas intencións da Cándida e aumentar a familia. E é que a muller sabía que, cando a contorna axudaba, a paixón podíase converter nunha máquina de tren, e de escasos freos.

    No medio dos pensamentos de pracer e descendencia dela, tendo en conta tamén o guapo que se lle puxera o home no cárcere ao adicar todo o seu tempo a facer pesas, apareceu cara a esquerda unha enorme e aberrante antena de telefonía móbil completamente fora de contexto, coma unha árbore pantasma de ferruxe, que lles produciu un arreguizo. Leopardo falou insulsamente:

    —Iso non pega nin con cola, a xente é a hostia.

    E a Cándida respondeu non menos insulsamente:

    —Agardemos que non se vexa dende o hotel.

    En instantes breves o pequeno vehículo chegou a unha explanada na que se erguía impoñente o pazo de Ribada, popularmente coñecido como o pazo de Élide. Unha construción ciclópea remanente da época fidalga da Gallaecia, e recentemente rehabilitado por un avogado canso da vida urbana. Moi ao contrario de Leopardo, que deseguida cansara do rural e deixara a aldea para procurar suculentas posibilidades na capital.

    Á esquerda había un aparcadoiro no que se vía un fato de coches, algúns deles de alta gama, e unha motocicleta de cilindrada grande. Cándida dispúxose a manobrar para estacionar o coche mentres sorría porque, a pesar de estar tan preto daquela fea antena de telefonía, semellaba non haber pegada dela dende alí. Leopardo, pola súa banda, pensaba no que habería que facer, sen matar nin roubar, para acadar a posesión dun turismo todoterreo da marca Porsche. Colleron as súas maletas de rodas e camiñaron cara o lugar que eles consideraron a recepción. O día non era malo de todo, nin solleiro nin anubrado, e os paxaros apertaron cos seus cantos o paseo da parella cara a porta.

    Un home de pelo branco e idade avanzada, inda que con ausencia de barba non por afeitado senón por xenética, agardaba sentado tras dun pequeno mostrador. Levaba impreso no rostro o resultado de diversas circunstancias vitais non todas felices, conferíndolle unha expresión seria. Recibiunos con toda a ledicia que consentía aquel ricto, e contoulles, logo de palabras tópicas de benvida e acerca do entorno que sabía de memoria do folleto de promoción, que a maior parte da vida do pazo facíase nun grande salón que había no andar de riba e que, logo de acomodar súas pertenzas, ben podían ir alá tomar un viño cos outros hóspedes.

    —Hano pasar ben. O pazo é como un centro social. Os hóspedes xúntanse no salón grande e moitos saen de aquí amigos...

    Á Cándida semelloulle unha idea marabillosa e Leopardo pensou se o viño que lle ían ofertar entraría no prezo da estancia que pagaran a través de Internet.

    Deixaron atrás o recibidor, un patio de asentos forrados en liño branco que daban ao lugar unha aparencia que os modernos din chill out e que se vía dende unha galería, e unha cociña enorme que gardaba a aparencia fidalga pasada, e camiñaron detrás do recepcionista, quen, por cortesía e/ou compromiso, turraba da maleta da Cándida movendo a súa ósea delgadeza camiñando algo encurvado contra a dereita.

    Subiron varios tramos de escaleiras e logo se lles apareceu a ringleira de portas que correspondían aos dormitorios. Ao fondo do corredor intuíase unha impoñente libraría de volumes antigos.

    —A súa habitación é a cento dúas —falou o home—. Deixen as maletas ao pe da porta e veñan comigo, que lles vou

    ¿Disfrutas la vista previa?
    Página 1 de 1